Artigos e ensaios de Thomas Mann dedicados á 'cuestión xudía' publícanse en español.
A editorial Global Rhythm Press publica, por vez primeira en España, todos os artigos, entrevistas e ensaios que o escritor Thomas Mann dedicou á controvertida "cuestión xudía"' no volume "Hermano Hitler y otros escritos sobre la cuestión judía".
Esta heteroxénea compilación de textos, traducidos por Rosa Sala Rose, non pode lerse só coma unha análise do antisemitismo, senón tamén como unha aproximación ás raíces decimonóniccas da cultura alemana da man do autor de "A montaña máxica". Os textos que comprenden o volume, escritos entre 1893 e 1948, son un testemuño e unha clave de acceso para a comprensión dunha época, un país, unha cultura e un personaxe, que continúa sometido ás interpretacións políticas e forcexeos políticos. Nos textos que compoñen "Hermano Hitler y otros escritos sobre la cuestión judía", Thomas Mann denuncia os campos de exterminio que as autoridades nazis negaban, a impostura do réxime ou mostra a súa preocupación polo devenir cultural de Europa. No texto "Hermano Hitler", de 1939, o autor cualifica ao ditador nazi como "un pouco desagradábel e vergoñoso", pero avoga por "non pechar os ollos diante da realidade da súa existencia" porque "máis alegre e máis produtivo có odio é recoñecerse a si mesmo, a predisposición a fundirse co aborrecible, por moito que iso poida conlevar risco moral de esquecer o "non". Mann viviu nas carnes da súa muller e do seu editor a persecución aos xudeus. As súas reflexións sobre a xudeofobia e o antisemitismo nacen e desenvólvense nos pregos dunha orgullosa, ao par que atormentada, identidade xermánica. O escritor, que viviu exiliado desde 1933, non lamentou a perda da propia patria xeográfica e política. "Onde estou eu, está Alemaña", asegurou.
Thomas Mann (Lubeck, 1875 - Zurich, 1955), Premio Nobel en 1929, debido á súa oposición ao réxime nazi como demostrou en seu "Oíde, alemáns: discursos radiofonicos contra Hitler", viviu exiliado en Suíza e Estados Unidos. É autor de obras como "Os Buddenbrook", "Morte en Venecia" e "Doutor Faustus".
Edita: Global Rhythm Press