segunda-feira, 12 de fevereiro de 2007

CICATRICES DE GUERRA, HERIDAS DE PAZ de Shlomo Ben Ami


"Shlomo Ben-Ami traballou incansable e valorosamente pola paz. O balance do que conseguiu e do que non puido conseguir, así como a análise do destino que nos depara, debería ser lido por todo aquel que desexe unha solución xusta e definitiva". Bill Clinton, ex-presidente de USA. Shlomo Ben-Ami -diplomático, historiador, ex-embaixador e ex- ministro de Seguridade Pública e de Asuntos Exteriores israelí durante o goberno de Ehud Barak- realiza, nesta obra, un pormenorizado análise da súa visión, como testemuña de excepción, do conflito árabe-israelí. Para a elaboración deste libro, Ben-Ami apóiase no seu diario persoal, no que reflectiu innumerábeis detalles (algúns deles aínda segredos) dunha durísima negociación que culminou no Cumio de Camp David de 2000, e no que, por vez primeira en moito tempo, rozouse a posibilidade dun acordo de paz entre israelís e palestinos. A crónica e a análise comezan coa guerra de Independencia e o nacemento do Estado de Israel; a campaña do Sinaí de 1956 e a calma relativa posterior; a guerra dos Seis Días de 1967, a guerra do Yom Kippur, o auxe de EE.UU. entre 1973 e 1977; Camp David; a primeira Intifada; a guerra do Golfo e a conferencia de paz de Madrid; Rabin e Oslo; o impasse de Netanyahu; a Intifada de Al-Aqsa. Os capítulos finais abordan a crise do 11-S, a actual guerra de Iraq e a reactivación do proceso de paz. Trátase dunha lectura de extraordinario interese, de obrigada lectura para quen desexe comprender a dinámica do conflito. Shlomo Ben-Ami é historiador formado en Oxford, Shlomo Ben-Ami distinguiuse polo seu traballo na Universidade de Tel Aviv, tralo cal se converteu en deputado laborista na Knesset, Ministro de Asuntos Exteriores e, por último, embaixador de Israel en España. Tivo unha participación crucial en moitas conferencias de paz árabe-israelís, de entre as que salienta o cumio de Camp David de 2000. Salientar outros libros editados tamén por Ediciones B “Israel, entre la guerra y la a paz” e “¿Cual es el futuro de Israel?”.
EDITA: Ediciones B