quinta-feira, 8 de fevereiro de 2007

METRALLA de Rutu Modan


"Metralla" Rutu Modan foi unha das máis gratas sorpresas do pasado 2006, autora israelí que publica o último libro da madrileña Edicións Sins entido. É Metralla, por méritos propios, un dos libros de banda deseñada do ano. Unha xoia.

Kobi Franco é un humilde taxista da cidade de Tel-Aviv. Un bo día recibe unha chamada telefónica de Numi, un mozo soldado, quen lle di que o seu pai Gabriel moi posibelmente sexa unha das vítimas do atentado suicida cometido na cidade de Hadera unhas semanas antes. A regañadientes, pero timidamente preocupado pola ausencia de novas do seu pai, Kobi únese á moza nunha busca que levaralles polo territorio israelí trala figura dun pai e un amante completamente descoñecido. Kobi e Numi embárcanse nunha viaxe que se converterá nunha busca interior, pero tamén na deconstrución dunha persoa á que crían coñecer. A través das súas lembranzas e das palabras alleas, tanto os protagonistas como o lector van forxando unha imaxe recreada da figura de Gabriel Franco. A Kobi non lle sorprende en absoluto, o que non significa que non lle provoque certo rexeitamento, o comportamento do seu pai cos demais. Numi, en troques, desmitifica a un amante que lle concedía calquera capricho pero que en realidade aínda saía gañando ao aproveitarse dela. Nós, pola contra, chegamos a coñecer a un personaxe sempre fóra de plano a través dos recordos doutras persoas, quedando ao noso xuízo a moralidade dun Gabriel escurridizo, nada amante das ataduras. E facémolo sen ter que soportar a carga afectiva dun vínculo familiar ou sentimental. Acaso a través da ollada rancorosa, desesperada e tenra dos protagonistas, vítimas que deben de vivir o resto dos seus días sufrindo a metralla instalada nos seus corazóns procedente da explosión de egocentrismo de Gabriel. Como todo bo viaxe, nunca se regresa ao punto de partida. A parella protagonista, representantes antagónicos dos extremos das clases sociais, confluirán e deixarán que xurda entre eles, de vagar, unha estreita relación. Os encontros e desencontros, os diferentes puntos de vista que ofrece cada un deles, enfróntaos pero tamén úneos. A cada páxina os topamos máis próximos o un do outro, as miradas non se esquivan e os seus sentimentos se van achegando de forma paralela a como acadan a avistar o seu obxectivo. Unha certeira aproximación ao namoramento, afastada da sensiblería ñoña e fácil, que culmina cun final de obra exquisito.Como telón de fondo temos un Israel apático ou, mellor dito, desgarradoramente afeito á barbarie terrorista. Unhas paisaxes asépticas e desertos encarnan unha sociedade encerrada en si mesma, cuns mecanismos que provocan escalofríos. É o Israel de Rutu Modan, a autora desta Metralla, quen impregna á obra dunha fría sobriedade que contrasta coa delicadeza dos temas tratados e a calidez con que os aborda. O amor, os lazos familiares e unha sociedade abrumada polo terrorismo conviven nun contorno de cores suaves e liñas finas e sutís. A quebradiza e tremendamente fráxil xente de Israel, tremente diante da menor sacudida pero sempre en pé.Rutu Modan (Tel-Aviv, 1966) é unha debuxante que comezou a súa carreira no cómic editando a versión israelí da revista MAD xunto con Yirmi Pinkus, con quen logo fundaría o grupo Actus Tragicus no 1995, buscando unha resurrección do mundo do cómic no seu Israel natal, tocado de morte por aquel entón (eis a elección do nome, orixinario dunha cantata de Bach que se empregaba como acompañamento nos funerais do século XVIII). Modan é a máis prolífica de todos os membros, moitos dos cales xa se fogueaban no estranxeiro en revistas como Stripburger. Son cinco as compoñentes do movemento: Rutu Modan, Yirmi Pinkus, Mira Friedmann, Itzik Rennert e Batia Kolton. Teñen un selo de edición propio en Israel sob o cal publican tanto as súas propias obras como importan outras de autores da talla de Art Spiegelman, Anke Feuchtenberger e Ulf K. Metralla supón a porta de Rutu Modan ao noso país. Sins entido ofrécenos con este libro a oportunidade de facer un descubrimento, de sorprendernos cun nome exótico pero uns anhelos universais.Unha pequena xoia.
EDITA: Sins Entido