A Guerra no Medio Oriente dura xa sesenta anos. Hoxe, moitas persoas non están xá familiarizadas coa súa historia e orixes e non teñen nin sequera coñecemento dos feitos. Este estado de ignorancia é terreo fértil para quen, sen escrúpulos, forxa mitos para xustificar políticas destrutivas. A máquina de propaganda creou moitos destes mitos para inflamar a súa guerra contra o Estado de Israel. Israel é a única democracia que no Medio Oriente elixe os seus gobernos en sufraxio libre, a única que garante dereitos aos seus cidadans e respecta eses dereitos. Sen embargo, Israel é a diana permanente de quen di loitar polos "dereitos humanos". Cerca de un millón e medio de árabes viven como cidadans en Israel, elexindo aos seus representantes no Parlamento israelita e gozando de máis dereitos do que calquera cidadán árabe de calquera Estado árabe. Sen embargo, Israel é a diana permanente de quen di loitar pola "xustiza social". A propia creación do Estado de Israel é referida polos seus inimigos árabes como "a Nakba", isto é, a "catástrofe", estando nisto implícito que Israel non debería existir. Sen embargo, Israel é a diana permanente de quen di apoiar a autodeterminación e condenar o xenocidio. Israel foi vítima, desde a súa primeira hora, de unha agresión, que non provocou, por parte de cinco monarquias e ditaduras árabes; e ten sido vítima dunha guerra árabe que se prolonga ininterruptamente hai xa sesenta anos porque os Estados árabes se negan a facer a paz. Sen embargo, Israel é a diana permanente de quen di desexar "a paz". Israel é vítima de ataques terroristas, como os dos homes suicidas que, xuntamente cos xudeus que eles queren aniquilar, matan igualmente mulleres e cativos palestinos. Sen embargo, Israel é a diana permanente de quen di defender a humanidade e un futuro "libre". Como é isto posíbel? Como pode o mal vestirse coa toga da xustiza? Como pode unha guerra de xenocídio para destruir a un pobo democrático ser desculpada como loita pola "libertación nacional"? E, sen embargo, eles faise – através da creación de mitos políticos que racionalizan a agresión e xustifican a guerra contra a poboación civil. George Orwell, en “1984”, o Ministro da Verdade do Estado totalitario proclama: "O coñecemento é Ignorancia, a Liberdade é a Escravitude". A natureza do cinismo político non muda, o seu fito é sempre o mesmo: a deformación da memoria histórica, ao servizo do poder. "O combate do home contra o poder", escribe o autor checo Milan Kundera, "é o combate da memoria contra o esquecemento". Só a reposición da memoria pode destruir os mitos totalitarios e tornar o home libre. O libro de Michel G.Bard “MITOS Y REALIDADES” recupera a memoria dos feitos que estan no cerne do conflito no Medio Oriente. Estes feitos son cruciais, non apenas para a reposición da historia que a política obscureceu, mais tamén para a sobrevivencia dun pobo que vive no pesadelo da súa propia destruccion. Calquera persoa interesada na xustiza debera ler este pequeno gran libro.