Se hai unha novela gráfica mundialmente recoñecida polo seu acercamento á Shoá, esa é Maus, de Art Spiegelman, o único comic ó que se concedeu un Premio Pulitzer. Maus componse de dúas partes, hoxendía editadas nun só tomo por Planeta, que narran o periplo dunha parella de xudeos polacos, os páis do autor, dende que se coñecen nos anos corenta ata o final da Segunda Guerra Mundial. A nota sorprendente ponna que os persoaxes son animáis antropomorfidados; os xudeos aparecen coma ratos, os alemáns son gatos e os polacos, porcos. O que noutra historia tería tintes cómicos, nesta só serve para enfatizar que as persoas deixaron de selo, ben porque foron tratados coma animáis, no caso dos xudeos, ou porque se comportaron coma eles, como lles pasou ós alemáns e ós polacos. A historia está contada polo seu fillo, o autor, que é ademáis unha persoaxe do libro. Poderíase pensar que é unha recreación lacrimóxena do Holocausto, pero a maestría de Spiegleman convírtenno en moito máis. A relacción entre o pai viúvo e o fillo ó que lle está a conta-la historia amosanos as consecuencias psicolóxicas e sociais que a pegada da Shoá deixou en quenes a sufriron, pero tamén nos seus descendentes
EDITA. Planeta