Sin destino
De Imre Kertész
Escritor húngaro nado en Budapest en 1929, vástago dunha familia xudía. Contaba 15 anos cando foi deportado ao campo de concentración de Auschwitz-Birkenau. O ano 1945 foi liberado do campo de exterminio de Buchenwald. Seguiron despois 15 anos, ate que Imre Kertész comezou a traballar na novela "Sin destino" (1975). Cando, logo de dez anos, concluíu o manuscrito, escribira unha das obras literariamente máis destacadas sobre o holocausto, unha obra mestra estremecedora e ao mesmo tempo provocadora. Traballou inicialmente como xornalista, pero o diario para o que escribía foi declarado en breve tempo órgano do Partido Comunista, e foi despedido no ano 1951. escribiu musicais e pezas amenas para a escena teatral, e logo de publicar o seu libro "Sen destino" comezou a traballar como tradutor. traduciu ao húngaro a Friedrich Nietzsche, Sigmund Freud, Hugo von Hofmannsthal, Elías Canetti, Ludwig Wittgenstein, Joseph Roth, Arthur Schnitzler, Tankred Dorst e outros moitos. O prestixio de que goza Imre Kertész é fiel reflexo do expresivo vigor filosófico co que se enfronta á vida. Conta entre os escritores do presente século que devolveron á tarefa narrativa a súa fonda seriedade vital. El non quere empregar para as súas narracións a levedade da invención poética. Coñece ben a gravidade dun relato que non se aparta da vida, senón que permanece firme ante ela, plena de inquietude existencial e de tensión intelectual. A terrible experiencia do campo de exterminio constitúe o horizonte da súa incansable meditación. Hai que tomar tamén en serio a Imre Kertész nos seus nocturnos paseos intelectuais. Este escritor non gusta de filosofar á luz diurna dos tratados lóxicos ou ensaísticos. Prefire a escuridade protetora e reveladora propia da narración. Non será posible superar a consternación que se apodera do lector cando percorre as páxinas de "Sin destino", sen quizais, reprimila.
Pero se aprenderá a comprendela se un fica disposto a seguir a Imre Kertész na súa liña de pensamento. As súas novelas son unha reflexión profunda de toda unha vida, e moi próxima a esta, sobre o destino e a falta do mesmo, sobre a liberdade e a angustia de sobrevivir, sobre o sistema e a moral. Sen destino, é unha das obras máis importantes da literatura europea deste século. escribiu tamén, a novela "El fracaso" (1988), "Un instante de silencio en el paredón" (1998) e "Kaddish para un niño no nacido" (2001), así como o "Diario de la galera" (1992) e o diario "Yo y el Otro" (1997). No ano 2002 foi galardonado co premio Nobel de literatura, sendo o primeiro escritor húngaro que o consegue.
Breves textos de Imre: