Vecinos
De Jan T. Gross
O exterminio da comunidade xudía de Jedwabne
Un día de xullo de 1941, a metade dos habitantes da poboación polaca de Jedwabne levantouse contra a outra metade. Nunha enlouquecida cruzada, á que o exército alemán de ocupación asistiu coma mero espectador, acabaron coa vida de case todos os xudeus do pobo: mil seiscentas persoas entre homes, mulleres e cativos. Non foron nazis anónimos quen mallaron, acoitelaron, estrangularon ou prenderon lume aos xudeus de Jedwabne, senon os seus propios veciños cos que ate entón conviviran normalmente, xentes de nomes e rostros coñecidos, vellos compañeiros de escola, os seus tendeiros, os seus clientes, aqueles cos que solían pararse a parolar nas rúas. Veciños contanos esta historia brutal e arrepiante que nunca antes se narrara e que fora ignorada pola historia oficial. É o estudo máis revelador que se ten publicado sobre as relacións entre polacos e xudeus en tempos de ocupación e que, polas apasionadas polémicas que levantou na prensa internacional, estase convertindo xa non só nun clásico da literatura do Holocausto, senon tamén nunha contribución de primeiro orden á historia universal da infamia.
EDITA: Memoria crítica